lóbrego, -a

Que pola súa carencia de luz, provoca medo ou tristeza

Etimoloxía

Vocábulo que procede do substantivo do latín lubrĭcus 'esvaradío’.

Exemplos *

“O lugar facíase máis lóbrego e inquietante coa intermitencia das luces e o xogo de cores repetido traspasando as cortinas das fiestras. O temor apoderouse de min.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul, 2001)

“Polo seu aspecto viscoso, anegrado, triste, lóbrego, ofrece unha vida misteriosa e supersticiosa, emana feitizos e confúndena nalgúns lugares coa «bicha» e fan unha figa ó atoparse con ela por aquilo do mal de ollo ou o meigallo.” (AA.VV.: A Peneira, 217, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.