Núcleo de poboación, como unha vila, unha cidade etc.
Etimoloxía
Palabra que procede do latín tardío localitas de significado semellante.
Exemplos *
“Tamén proliferaron os souvenirs de aletas, gafas de mergullo e bonecos con traxe de mergullador co novo símbolo da localidade, unha troita de pé, que coa aprobación dos partidos opositores terminou desprazando ao carballo nos cuños, escudos e logos oficiais.” (Henrique Mariño: Contos de taberna / Orballo, vila asolagada, 2014)
“Porén, o sol lucía nas dúas beiras da ría, deixándonos ver claramente Vigo e as demais localidades do sur e, por suposto, Cangas e Darbo na costa Norte.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.