locutor, -a

Profesional da radio ou da televisión encargado de ler as noticias, anunciar e presentar os programas etc.

Etimoloxía

Este cultismo tomouse do latín locutor, -oris que significaba 'o que falaba'.

Exemplos *

"Agora, despois da presentación algo incoherente da locutora, soaba na radio unha cantiga composta por el." (Paco Martín: Tres historias para ler á noite)

"Pese á perorata entusiasta do locutor, aboiaba no cuarto un silencio dorido, prolongado de mañá, sen que os repenicos do espertador puidesen espantalo." (Bieito Iglesias Araúxo: Vento de seda)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.