Terreo moi húmido no que xeralmente nace a auga
Etimoloxía
Palabra derivada sobre estoutra “lodo” que vén do latín lutum ‘lama’.
Exemplos *
“Unha brisa fresca que envían os lodeiros, custodios da regata, ponlle un calafrío nos lomedros e trasládao a un clima menos soleado, tal vez ós días outonizos da primeira quincena de outubro.” (Bieito Iglesias: O mellor francés de Barcelona, 1999)
“E foi daquela cando a memoria saudosa me transportou ás carreiras desfiguradas polo alcatrán, ás lavandeiras escorrentadas cara outros ceos menos poluídos, aos lodeiros asolagados.” (Mercedes Queixas: Nós Diarios, 22-11-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


