Árbore da familia das ulmáceas de cascas lisa de cor gris, follas lanceoladas e dentadas, flores amarelentas e froito en drupa comestible
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “lodón”, que é produto do cruzamento dos nomes latinos das árbores lotus e unedo.
Exemplos *
“Dende o mirador Silesio Braun podía ver o mundo enteiro: a India e as súas vacas sacras, a terra parda do Sudán cheirando a lodoeiro, a praia interminable de Copacabana, os osos brancos esvarando na neve do Canadá, a auga cristalina e quente en Cuba, Valparaíso.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1998)
“Polas terras de preto da fronteira portuguesa empregan tamén algúns o varapau, mellor de madeira de lodo ou lodoeiro, que chegan a «xogar» con rara habelencia.” (Xaquín Lorenzo: Etnografía: Cultura material (Historia de Galiza), 1962)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.