Estado de tristeza e pesar pola morte de alguén.
Etimoloxía
Vén do latín luctus, -us 'dor, mágoa', derivado do verbo lugere 'chorar'
Exemplos *
"A viúva aloxada no convento parece desexar todo o día que acontezan novidades, preferiblemente amorosas, o cal é contrario ao seu estado, que debería ser de desacougado loito." (Teresa Moure: Unha primavera para Aldara)
"Moitos foron os irmáns que tivo noutros tempos… pero a tinta foi matando a moitos deles, deixando o meu corazón cheo de loito …" (Olimpio Arca Caldas: Pelexa no souto)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.