lombarda

Variedade de col semellante ao repolo e de cor morada

Etimoloxía

Palabra que remite a “lombardo” que, á súa vez, lévanos a Lombardía, topónimo italiano.

Exemplos *

“A tradición de comela no Nadal en Madrid disque foi importada por un amigo de Carlota de Baviera, que nos seus funerais (30 de novembro de 1722) mandou entregar un pergameo aos asistentes, como legado, coa receita da lombarda." (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

“Outros produtos, como os lagostinos, o xamón ibérico ou a lombarda apenas variaron os seus prezos respecto ao ano pasado por estas datas.” (Redacción: Nós Diario, 7-12-2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.