Parte dun libro por onde van unidas as follas.
Etimoloxía
Procede da palabra orixinaria no latín lumbus, -i que significaba 'ril' ou 'espiñazo' para os animais e as persoas e é común ás linguas románicas.
Exemplos *
"No salón-biblioteca do balneario, Roxelio Brandariz, sentado na cadeira de mexer, alcanzou a rosa de papel depositada sobre o lombo do vello libro e, ollándoa con certa curiosidade, comezou a xogar distraidamente con ela." (Ángel de la Cruz: O descenso do derradeiro ocaso)
"Achegueime e comecei a ler os lombos un por un en traxectoria ascendente, ata comprobar que naquel emporio do pensamento teolóxico, efectivamente, non había ningún libro de Hans Küng." (Alberto Canal: Conexión Tubinga)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


