Mamífero da familia dos mustélidos de pelo mesto e escuro, abrancazado na zona da garganta, cos dedos unidos por membranas, que vive na beira dos ríos
Etimoloxía
Palabra que chega desde o latín lutra con significado semellante.
Exemplos *
“Foza unha londra no rego do Pinal da Brañiña de Riasós.” (Anxo Angueira: Pensa nao, 1999)
“E como os soños non teñen cancelas, quixeramos que algún día o Sar contase cunha senda en todo o seu percurso para que calquera persoa puidese disfrutar cunha bandada de parrulos ou cunha londra (...)” (Xosé M. Penas Patiño: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente 31/03/2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.