longaínza

Embutido semellante ao chourizo pero feito nunha tripa máis estreita

Etimoloxía

Palabra que bebe do equivalente do latín vulgar *lucaniciam que, á súa vez, está vinculado longus 'longo'.

Exemplos *

“Gustáballe sobre todo cando traía, como este, unha talladiña dun friame escuro, unha especie de longaínza moura cun lixeiro sabor afumado.” (Marilar Aleixandre: A Compañía Clandestina de Contrapublicidade, 1998)

“Enriba da lareira vai o canizo, un armazón de varas para secar e afuma-la longaínza e os xamóns [...]” (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.