Película cinematográfica cunha duración superior aos sesenta minutos.
Etimoloxía
Composición froito do adxectivo longa, procedente de longus, –a, –um 'extenso' e o termo metraxe que vén do francés métrage 'lonxitude dun filme'.
Exemplos *
"A longametraxe íase titula Amante descoñecido e contaqba a historia dun asasino a soldo que se redime…" (Xavier Lama: Os moradores da nada)
"Os xornais franquistas fixeron unha intensa publicidade da longametraxe." (Alberto Pena: Cinema e guerra civil. Novos achados. Aproximacións analíticas e historiográficas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.