longueirón

Molusco bivalvo da familia dos solénidos (Ensis siliqua) comestible, de cuncha alongada semellante á da navalla, pero máis longa e menos curvada.

Etimoloxía

Formouse a partir do adxectivo longo, que procede do latín longus.

Exemplos *

"A fisga é unha varela metálica de ata 1 metro de lonxitude, acabada en punta de frecha, para a captura do longueirón e da navalla." (Ramón A. Rivas Lago: Manual marítimo-pesqueiro: Galicia)

"E, nada máis saír, colleume esta cor do tabaco e boteime a medrar coma un longueirón, todo pelello, tal como me ves." (Manuel Rivas: O lapis do carpìnteiro)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.