Lugar onde se fan operacións de compra e venda, especialmente de peixe e marisco fresco
Etimoloxía
Termo que bebe do catalán llonja e este do francés loge que significaba ‘cámara’, ‘cuarto’.
Exemplos *
“A pesca artesanal representa máis do 80% da flota galega e dá de comer a unhas 30.000 persoas de xeito directo en Galicia (...). Especies ben familiares nas lonxas das vilas galegas, como o polbo, o sargo, a centola ou a faneca non tiñan até agora un retrato como o que acaba de facer público os grupos de Ecoloxía Pesqueira e Bioxeoquímica do CSIC en Galicia.” (Diana Mandiá: GCiencia. O portal da ciencia galega, 12-2015)
“Os barcos viñan cargados de caixas de laranxas no canto do peixe. Houbo armadores que xuntaron moitos cartos vendendo na lonxa do peixe a froita que atoparon no mar.” (Suso Lista: Charamuscas, 2017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.