lorbaga

Baga do loureiro.

Etimoloxía

Do latín vulgar lauri baca 'baga de loureiro' e este último do clásico bacca que indicaba 'froito, perla'.

Exemplos *

"Nesa tarde cargada de lorbagas / veu o Silencio." (Xosé María Castro: Nimbos)

"Luke botou unha cuspidura contra un escaravello da pataca que estaba de vacacións durmindo a sesta riba dunha folla dun loureiro que só daba lorbagas os anos que estaba namorado e era correspondido debidamente." (Isidro Novo: Por unha presa de machacantes)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.