lotaría

Xogo de azar no que para ganar teñen que coincidir unha serie de números que saen por sorteo cos dun dos billetes numerados adquiridos polos xogadores

Etimoloxía

Palabra que remite ao francés loterie, e este vén do neerlandés loterij, derivado de lot ‘lote’.

Exemplos *

“Polo visto é moi simpático e mesmo fai bromas cando lle pode sacar partido. Hai xente que empezou a pasarlle o billete de lotaría polo lombo, e moitos correron para facer o mesmo. A cambio desas prestacións, recibe cartos.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

“A lotaría de Nadal é a pedra angular de todo o xogo. É a que ten os premios principais, a que se vende máis tempo... É a Champions da lotaría.” (Xosé María Palacios: La Voz de Galicia, 9-12-2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.