loucura

Trastorno mental grave polo que unha persoa perde a razón.

Etimoloxía

É un derivado de louco, palabra da que non se coñece con certeza a orixe, aínda que se propón que proceda do árabe alwaq 'parvo' ou 'louco'.

Exemplos *

"A xenialidade creativa non está nin na infancia nin na loucura, aínda recordando ao neno Mozart ou ao louco de pelo vermello van Gogh." (Fidel Vidal: Arte na esquizofrenia e outros excesos)

"Don Servando, cun sorriso de neno, anxelical e feliz, saudou desde o outro lado da loucura." (Francisco Castro: Spam)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.