Rocha de orixe metamórfica ou sedimentaria de cor gris ou negra, que se divide facilmente en láminas
Etimoloxía
Xógase coa hipótese que procede do prerrománico lausa 'pedra chata'.
Exemplos *
“En 1977 pretende realizar unha ampliación, cun investimento de 21,9 millóns de pesetas (sobre todo elementos exteriores de transporte), ata acadar unha producción de 5.3000 toneladas de lousa, cun valor mercantil de 66,51 millóns de pesetas, para o que precisa a contratación de 29 empregados adicionais.” (Xoaquín Fernández Leiceaga: Capital estranxeiro e industrialización en Galicia, 1993)
“A estancia do encontro familiar daba directamente á lareira a través dunha escada de madeira que se facía de lousa nos últimos chanzos.” (Antonio Rodríguez Baixeras: O rei dos ameneiros, 1987)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.