lousado

Cuberta superior dunha casa ou construción semellante, formada por unha estrutura de trabes, e recuberta con lousas

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “lousa” que vén do vocábulo prerromano *lausia.

Exemplos *

“A casa na que nacín / ten lousado ás catro augas. / Ergueuse no ano quince / e a pedra foi carrexada / por meu avó Xan Domingo / no seu carriño de vacas.” (Darío Xohán Cabana: Romanceiro da Terra Chá, 1984)

“Branca Uxío i Arturo / quedaranse no Futuro / quedaredes no Futuro / pra que siga o Pasado / e ti Galicia a durar / anque se funda o lousado / e caia a neve no lar anque se funda o lousado e se descubra o faiado.” (Uxío Novoneyra: Do Courel a Compostela, 1988)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.