louzán, -á

De aparencia fermosa e saudable.

Etimoloxía

Proponse que proceda dunha forma latina lautianus, derivado de lautus, -a, -um 'suntuoso'.

Exemplos *

"… tanto Anabel coma Marisol eran fermosas, louzás coma froitas en sazón e el, sen dúbida, non era de ferro, non facía mal ningún soñando desatinos." (Uxía Casal: Vidas exemplares)

"… só tiña a finada vinte e tres anos e eu rectifiqueilles, que non son poucos, que non hai muller de vinte e tres aínda louzá." (Teresa Moure: Herba moura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.