Lúa

Satélite da Terra, visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamadas fases, segundo a posición que teña respecto á Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol

Etimoloxía

Termo que procede do latín luna de significado semellante.

Exemplos *

“No último baño, na noite, estabamos a soas co firmamento, sentiamos como unha bendición o chirlomirlo das ondas. Tiñamos a lanterna da Lúa no camiño cara á Quechua, no piñeiral. Unha tenda de campaña pequena, pero que para nós era perfecta.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste / Sagrado mar, 2018)

“Eran varios. Non se podería determinar cantos na negrura. Xa non alumeaba a Lúa as noites. Había tempo que o satélite non reflectía a luz do sol.” (Iolanda Zúñiga: Natura, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.