lubre

Bosque sagrado onde os celtas celebraban os seus rituais relixiosos

Etimoloxía

Palabra recollida en diversos dicionarios históricos e cuxa orixe non se coñece con certeza.

Exemplos *

“Ningunha persoa vai alí porque todos lle teñen medo á escuridade e ao silencio. Cheguei a unha lubre da fraga e fixen tres buratos.” (Manuel Darriba: Brais e os demais, 2010)

“Contra o resplandor das bombas da ira temos aínda o fulgor no claro do bosque, na lubre druídica, nesta nova primavera de follas como versos.” (Anxo Tarrío Varela: Galicia Hoxe, 22-3-2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.