lucecú

Insecto da orde dos coleópteros, do que a femia se asemella a un verme por carecer de ás e élitros e por ter o abdome de forma alongada, formado por aneis que emiten luz na escuridade

Etimoloxía

Creación expresiva que fai referencia a que o insecto emite luz formada polo verbo “lucir” e o substantivo “cu”. O nome científico é lampyris noctiluca.

Exemplos *

“...vitaminas e aireo, xa fixen o programa, como é primavera aproveito as mañás á sombra das mimosas, case nada, polas tardes tomo o sol, merendo, e entre fusco e lusco póñome a contar os lucecús no herbal.” (Xohana Torres: Adiós María, 1971)

“Aquela noite pasárona ao sereno , no medio do monte. Durmiron achegados un o outro para espantar o frío da alborada debaixo dun mando de follas de carballo e fentos esmagados, alumados polo corusco tenue de centos de lucecús que batían as súas ás algareiros para saudar a lúa chea.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.