luceiro

Calquera astro que brilla intensamente

Etimoloxía

Palabra derivada sobre a voz “luz” que vén da latina lux, lucis ‘luz’ ou ‘claridade’.

Exemplos *

“Venus será o luceiro do Alba durante todo o verán e Xúpiter poderá verse só durante xullo e moi baixo no oeste logo do solpor.” (Alejandro Basset: GCiencia. O portal da ciencia galega, 6-2014)

“Non me estraña, debe ser como se de súpeto desaparece o ceo e todo se volve estrelas e luceiros: unha apocalipse.” (Anxo Tarrío Varela: Galicia Hoxe, 22-4-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.