Lámpada de aceite con mecha.
Etimoloxía
Procede da palabra idéntica do latín.
Exemplos *
"-¿Que é isto? -preguntou un, collendo un anaco de barro cóncavo duns quince centímetros.
-É parte dunha lucerna, unha lámpada romana." (Miguel Anxo Murado: Memoria de derribos)
"Cando o home apagou a chama da lucerna, levantouse unha suave brisa mariña." (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.