lumarada

Morea grande de leña que arde, facendo chamas e resplandor / Chama grande que se eleva sobre unha materia que arde

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o termo “lume” que vén do latín lumĭne ‘luz’.

Exemplos *

“Nestes días en que se vai achegando San Xoán lembro as lumaradas que faciamos na aldea e como saltabamos por riba do lume.” (Marilar Aleixandre: Airadas de palabras, 1998)

“O Concello de Malpica, así coma outros municipios da Costa da Morte, sinalou que as lumaradas de San Xoán só se poderán celebrar en propiedades privadas.” (Lidia T.: NHDiario, 18-6-2020)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.