lumbago

Dor forte no lombo, na zona dos riles, debido a un movemento brusco, á reuma etc.

Etimoloxía

Palabra que bebe do equivalente latino lumbago ‘dor no lombo’.

Exemplos *

“Foi coller unha caixa de cervexas e deulle un lumbago que o deixou tan dobrado que non había forma de poñelo dereito. Daba uns berros coma se o esfolasen.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)

“É un día máis para estas mulleres fortes fisicamente pero que acaban a súa vida laboral cheas de achaques no corpo pola constante humidade do medio no que traballan. Artrose, lumbago, problemas nos xeonllos, nas cervicais e nos ósos carpianos das mans son os principais inimigos dunha profesión onde o esforzo dá paso lentamente á enfermidade crónica.” (Elisa Lois: Luzes, 5-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.