lumbrigante

(Homarus gammarus) Crustáceo mariño da familia dos astácidos, semellante á lagosta pero con grandes pinzas no primeiro par de patas e cor violácea, que se pesca en zonas rochosas e é moi apreciado pola súa carne.

Etimoloxía

Non se coñece con seguridade a súa orixe.

Exemplos *

"… viña coa pretensión de poñer enriba da mesa unha fonte de arroz con lumbrigante das rías …" (Alfredo Conde: Sempre me matan)

"Uns camaróns, vieiras, lumbrigante ou percebes resultan exquisitos, pero a calidade págase e ese prezo non sempre redunda en beneficio do hostaleiro …" (Miguel González Aguiar: O Correo Galego 26-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.