lume

Luz e calor producidas polas chamas que se desprenden dunha materia que arde.

Etimoloxía

Tomouse do latín lumen, -inis, relacionado con lux ‘luz’.

Exemplos *

“Tres cuartos de litro de té, trescentos cincuenta gramos de azucre, completar con ron para lle prender lume…” (Xavier López López: O caderno)

“Unhas chamas grandes e vivas xurdiron de entre o carbón cando Lucas, despois de esparexelo, lle prendeu lume.” (Xavier Manteiga: Morrer na herba)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.