lunisolar

Relativo ou pertencente á Lúa e ao Sol á vez

Etimoloxía

Termo que se forma co latino luna ‘lúa’ e estoutro solaris ‘solar’.

Exemplos *

“Podemos atopar, na historia das civilizacións (e tamén na actualidade), tres tipos básicos de calendario: o solar, baseado no ano trópico, o lunar, baseado no mes sinódico, e o lunisolar (diferentes combinacións dos dous primeiros ciclos).” (Ramón Vilalta López: Astronomía práctica e outras cousas, 1999)

“[A interpretación do cervo de Laxe dos Carballos] É unha teoría bastante interesante que di que está marcando un calendario de tipo lunisolar, mesturando o calendario luar e o solar, porque ten unha cornamenta de 15 astas en cada punta, que non é para nada natural,” (R. Castro [entrevista]: Nós Diario, 12-9-2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.