luns

Día da semana que segue ao domingo.

Etimoloxía

A denominación latina deste día era dies Lunae ‘día consagrado á Lúa’, que pasou no latín vulgar a dies Lunis.

Exemplos *

“O luns pola mañá, a cidade amenceu fría e bretemosa, como cuberta por unha nube de cinza.” (Domingo Villar: A praia dos afogados)

“Era escola de luns a venres, e as fins de semana lugar de reunión dos veciños …” (Xabier López López: O caderno)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.