Lente de aumento, xeralmente provista dun mango.
Etimoloxía
Tomouse da forma francesa loupe, da que non se coñece con certeza a orixe.
Exemplos *
"Era un camarada moi miope que se axudaba dunha lupa de moitísimos aumentos para traballar." (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)
"Usaba unha lupa para pintarse e tardaba o seu na operación." (Mª Xosé Queizán: O solpor da cupletista)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.