lura

Molusco de corpo alongado da clase dos cefalópodos, con oito brazos con función prénsil e dous tentáculos con función táctil e copuladora moito máis longos ca os brazos, dúas aletas triangulares na parte posterior e unha cuncha interior delgada e transparente en forma de pluma

Etimoloxía

Denominación vinculada a forma latina lula que remitía a *loliin que bebía no latín clásico lolligo ‘lura’.

Exemplos *

“A cousa consistía en saír os sábados e os domingos, ir pasear polo Náutico e tomar bocadillos de luras.” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)

“Carmela, agasallábao no momento de partir con tarteiriñas cubertas cun pano branco que levaban perdices escabechadas, un guiso de luras ou algunha lambonada que, matinaba ela, un home solteiro (...) había apreciar.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.