luria

Rata semellante á común pero de cola máis curta, de cor tirando a negra, que vive no campo ou á beira dos ríos

Etimoloxía

Palabra de orixe descoñecida

Exemplos *

“Ten un agudo sentido do tacto. Este animal constitúe unha verdadeira alfaia da nosa fauna fluvial. A luria, que fai galerías e furnas na mesma beira dos ríos.” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)

“Polo demais os reflexos da chama na humidade das paredes producían nos liques fantasmagóricos xogos de luz e releve que lles conferían aparencia de pequenos bichos que oscilasen torpemente. Talvez por esta causa o tío Alfredo non chegou a reparar nun par de lurias que lle seguían os pasos polos currunchos cos ollos brillantes na semi-penumbra.” (Anxo L. Baranga e José Antonio Martínez: Un pequeno favor e outras historias de humor perverso, 1984)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.