luriña

Lura pequena

Etimoloxía

Voz derivada sobre “lura” que vén do latín lolliginem de significado semellante a través do mozárabe lula.

Exemplos *

“Fíxenme lurófilo por influencia dos chocos en tinta e das luriñas enceboladas que comía na casa e, inevitablemente, tamén por razóns literarias: ós oito anos regaláronme Vinte mil légoas baixo os mares, de Jules Verne.” (Xosé Cermeño: Galicia Hoxe, 30-3-2007)

“Os pratos que se poden combinar coa carne da lura na cociña mariñeira son saborosos. O máis rápido, se son luriñas ou chipiróns, será fritilos na súa tinta. As máis recachadiñas, aínda que se poden poñer igual, tamén se poden preparar en aros fritidos, rebozados en ovo e fariña...” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.