Peza do vestiario para cubrir a man, xeralmente dedo por dedo.
Etimoloxía
Vocábulo que ten a súa orixe no gótico lofa que significaba 'palma da man'.
Exemplos *
"Desorientado un cachiño, torcín á dereita e, nun recanto, acheime a soas, de pé coma un parvo, fronte por fronte da raíña Victoria, que sostiña entre as luvas brancas unha taciña de tea." (Arturo Lezcano: Os dados de Deus)
"O home recolleu a luva e, nese intre, considerouse batido, un bichoco infeliz á beira do cristalino zapato dunha raíña." (Xoán Castro Fuentes: O pescador de cana)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.