Calquera forma de enerxía que ilumina as cousas e permite que se vexan.
Etimoloxía
Chéganos do latín lux, lucis que significaba 'luz', 'claridade' ou 'día'.
Exemplos *
"A luz ía seguindo os trazados dos camiños." (María López Sández: Paisaxe e Nación. A creación discursiva do territorio)
"Primeiro, no corredor, estaba a pequena cociña aloumiada coa escasa luz que entraba pola porta da rúa." (Beatriz Dacosta Molanes: Cascas de noz)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


