Que fai referencia á morte e participa do seu aspecto máis repulsivo e desagradable
Etimoloxía
Parece ser un préstamo da lingua francesa macabre que bebía dunha frase antiga [dance] Macab[r]e ‘a danza da morte’.
Exemplos *
“Don Quixote , descoñecedor do asunto , aínda que algo oíra falar en algures , quixo saber máis e contáronlle que era un macabro cortexo de mortos , que andaba a vagar polas noites , precedido do camiñante que ten a desgracia de atopala no seu camiño , ó que incorporan no seu noitébrego paseo e ó que cargan cunha cruz , un pano negro e un óso fulgurante.” (Lalo Xil Vázquez: A da alba sería, 1996)
“As nubes alumeábanse cada vez con maior frecuencia , e os trebóns non cesaban de rir. A treboada interpretou unha macabra danza sobre as súas cabezas , xogando ó vello xogo da morte.” (Carlos Vila Sexto: Cara á fin da luz, 1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.