macarrón

Pasta alimenticia elaborada con fariña de trigo, en forma de tubiño pequeno, de feituras, longuras e grosores diversos

Etimoloxía

Adaptación do nome dialectal italiano maccarone de significado semellante e de orixe incerta.

Exemplos *

“E pasaba o resto do mes comendo do que lle daban os veciños. No local de Cáritas dábanlle leite, galletas, macarróns e, sobre todo, roupa. Gustáballe cambiar de roupa varias veces no día e non era raro velo vestido de almirante pola mañá e de Batman pola noite.” (Suso Lista: Charamusca / Pepe, 2017)

“Veño de inxerir un colosal prato de macarróns que atopei no frigorífico nun estado de conservación bastante aceptable. Agora estou botando un cigarro que me sabe á furria porque hoxe mandeille un paquete enteiro e teño a gorxa seca coma un freganzo.” (Diego Ameixeiras: Tres segundo de memoria, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.