macedonia

Sobremesa feita con anacos de froita variada, aos que se lles engade un líquido que pode ser zume, licor ou almibre

Etimoloxía

Denominación tomada do francés macédoine de significado semellante.

Exemplos *

“Cando chegaron as sobremesas –macedonia de froitas do bosque e pastel de chocolate con noces−, non puido resistir a tentación de demandar unha ración de cada e algo máis de viño para esquecer definitivamente que estaba voando.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

“Prepara (...) flan bañado en azucre queimado, que ela mesma pasaba polo lume con mimosa atención; filloas con crema e macedonia de froitas cun levísimo aroma, suave, a licor de mazá.” (Xesús Valcárcel: Matar o tempo, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.