maceira

Árbore de folla caduca da familia das rosáceas, propia de climas temperados, xeralmente co tronco retorto, pólas grosas, copa irregular, follas ovadas con peluxe no envés e flores de cor branca tirando a rosa, que dá como froito a mazá e da que existen moitas variedades

Etimoloxía

Formada a partir de “mazá” que procede do latín [mala] Mattiana ‘as mazás de Macio’ e o sufixo -eira.

Exemplos *

“(...) E finalmente outro, de casas maxestosas e xentes elegantes comesto pola fame, por ter murchado a maceira que outorgaba mazás a fartar.” (Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, 2011).

“E o sol dun verán primeirizo quentando as mazás que enchían unha maceira verde destacada contra un fondo dourado.” (J.A Xesteira: Contos de familia / Carta dende o Brasil,  2005).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.