Paxaro da familia dos páridos, coa cabeza, gorxa e centro do peito negros, fazulas brancas, dorso verdoso, rabadilla cincenta e peito amarelo
Etimoloxía
Vocábulo derivado sobre “mazá” que vén do equivalente latino [mala] Mattiana ‘as mazás de Macio’. O nome científico da especie é Parus major.
Exemplos *
“Nos cruces das viñas aniñaban os chincheiros; os paporrubios nos buratos dos valos; os maceiros, nos das paredes; os gorrións, nas bocatellas dos hórreos e dos cubertos.” (Manuel García Barros: As aventuras de Alberte Quiñoi, 1972)
“Aniña en buratos de árbores, de paredes e de caixas aniñadoiros; fai o niño con mofo, pelo e penuxe e nel pon de 8 a 12 ovos que choca a femia durante 14 días; as crías voan ós 20. Chámanlle tamén maceiro, carboeiro, chapiño.” (Xosé Manuel Penas e Carlos Pedreira: Guía das aves de Galicia, 1980)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.