maceta

Martelo de ferro, de mango curto, e cabeza xeralmente troncocónica, usado polos canteiros.

Etimoloxía

Creouse como diminutivo de maza, que procede do latín vulgar mattea, probablemente orixinada a partir de mateola 'mango'.

Exemplos *

"… aquel canteiro, falador e cheo de vitalidade, xa lle dera a carreira de crego a seu irmán, e estaba a punto de facer tamén -co punteiro e a maceta– un doutor en Compostela." (Xosé Luís Barreiro Rivas: O crego de Lebozán)

"Aceptárona cando probou que podía domina-la maceta e o punteiro tan ben como calquera mozo." (Miguel Vázquez Freire: Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.