machada

Instrumento para cortar formado por unha folla grosa, polo xeral, en forma de trapecio con fío por un lado, unida a un mango de pau que se agarra cunha soa man

Etimoloxía

Palabra que deriva de machado, este procede do latín vulgar *marculatus desde o clásico marculus ‘marteliño’.

Exemplos *

“Entón foi ela, agarrou unha machada e talloulle, unha por unha, as cerdeiras que el tiña nunha das súas leiras.” (Alfredo Conde Cid: María das Batallas, 2007)

“Agancha polas árbores máis peladas abrindo pequenas fendas coa machada na súa cortiza, e carrexa as pinas ao lombo, metidas nunha saqueta.” (Xurxo Borrazás: Criminal, 1994)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.