Conxunto de montañas que forman un todo
Etimoloxía
Palabra derivada que se crea sobre a latina massa ‘masa’ ou ‘vulto’ á que se lle engade o sufixo -izo.
Exemplos *
“Sempre desexou vivir na costa. Por iso quixo vir para Galicia, desde o Mediterráneo, en canto tivo ocasión. Mais, polo de agora, acabou no macizo central, entre vellos que falan pouco e piñeiros que arden a cada paso, agardando un traslado á beiramar que nunca dá chegado.” (Ramón Caride: Terra queimada, 2017)
“Non podo reproducir aquí o escrito porque extraviei o meu cartafol de documentos, mais viña contándome os resultados dunha expedición en solitario ao macizo de Pallas durante o solsticio de inverno, a noite máis escura do ano.” (Tomás González Ahola: Da fría e distante estrela polar, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


