Saco de lona ou doutro material que se leva ao lombo ou ao ombreiro, para transportar comida, roupa etc.
Etimoloxía
Vocábulo que se recolle en Venezuela e nas Antitllas.
Exemplos *
“Molesta , botouse a andar, co macuto ás costas e a toalla atada ás cadeiras.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013)
“Algúns levan macutos e mochilas ó lombo e outros bolsas de plástico cheas de pequenos envurullos de papel de aluminio, coma cando se prepara a comida para unha excursión.” (Xesús Manuel Valcárcel: Os ollos da sentinela, 1997)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.