madalena

Doce de pequeno tamaño, elaborado cunha masa fermentada de fariña, ovos, aceite e azucre, que se coce en moldes de papel, xeralmente de base circular

Etimoloxía

A súa orixe está no nome propio “Madalena” que ten orixe francesa no nome da cociñeira francesa Madeleine Paulmier, outras versións contan que Madeleine é unha moza que llelas daba aos peregrinos do Camiño de Santiago.

Exemplos *

“Pois apunta cinco libras de chocolate, que lle gusta a Iria, e mais madalenas, que esas gústanlle ó teu home. E xa sabes que a Daniel gústalle comer con Coca-Cola...” (Manuel Iglesias Turnes: Que non te aten, 2017)

“A primeira hora baixo mercar, tras estudar unhas receitas nun libro. Hoxe farei pescada ao forno, madalenas e algo máis. Traio un carro de cousas que pesa unha tonelada e, ao tempo que vou sacando produtos das bolsas, penso no moito que se desperdicia tantas veces.” (María Canosa: DisParo, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.