Expresión que manifesta boa sorte ou que algo non ten nada de extraordinario
Etimoloxía
Crese que é froito da contracción dos elementos da frase mau día ou ma día.
Exemplos *
“As xustizas resolven todos os preitos en favor dos amos, sen posible apelación: madía que leva, pois os xuíces son membros da fidalguía!” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)
“Iso si, madía leva!, el deslombándose cada día co seu equipo de traballadores nas obras para pagarlles os cartos aos catro vellos que, con tanto sachar na súa vida, non fixeran por ter nada.” (Antía Nara: Cara ao leste, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.