magnolio

Árbore de xardín de follas perennes coriáceas, de cor verde brillante pola face e parda polo envés, e grandes flores brancas moi recendentes

Etimoloxía

Termo que se crea sobre o apelido de Pierre Magnol, (1638-1715), botánico francés.

Exemplos *

“ (...) iluminouse e deixou ver de novo a María Xesús por uns segundos, desta volta, algo fantasmal apenas iluminada nun intre fugaz coma claro de lúa cando a nube pasa no medio da fraga ou nun xardín de magnolios. O móbil, desta vez o seu, soaba.” (Francisco Castro: Amor é unha palabra coma outra calquera, 2016)

“Enormes escaravellos de ás negras como elfos ou coleópteros enormes que saen pola xanela evitando os cortinados e as follas duras do magnolio, ese mundo vexetal impenetrable como un mato amazónico ou un antigo bosque boreal de coníferas.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, Capitán Walton, 2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.