Persoa que practica a maxia
Etimoloxía
Termo procedente do latín magus ‘mago ou sacerdote’ que bebe do grego mágos ‘sacerdote que interpreta os soños en Persia’.
Exemplos *
“O mago ía polas vilas e as cidades, non deixaba de acudir a un mercado; presentábase ata na Feira de Mostras de Milán e na Feira de cabalos en Verona.” (Gianni Rodari: “O mago dos papaventos”, Contos ó teléfono [trad. Xela Arias],1986)
“Aquí todos escoitamos centos de contos sobre o ouro perdido dos mouros , dos celtas e mesmo do mago Merlín.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.