Comida que consiste fundamentalmente en castañas asadas, polo xeral acompañadas de viño.
Etimoloxía
Termo de orixe controvertida que algúns estudosos relacionan co verbo agostar.
Exemplos *
"Son datas de encher a adega para o inverno con viño novo e carnes salgadas, pendurar o xamón, afumar os chourizos e mais as castañas, que os magostos xa están aí." (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)
"Sempre había un magosto para compartir, leña para queimar e, sobre todo, unha baralla para botar a partida." (Manuel Iglesias Turnes: As rapazas de Xan)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.